VIDEO - Mar de fondo e mala visibilidade, os peores aliados dos recatadores

  • 10 February 2014
  • aser

Ventos de ata 110 quilómetros por hora e ondas de oito metros de altura que foron quen de partir en dous o mercante español que encallou esta semana na costa francesa. Os seus once tripulantes foron rescatados por aire nunha operación moi complicada. Situacións extremas ás que tamén están afeitos os integrantes do Servizo de Gardacostas de Galicia.
Pesca
Deben xogar coas condicións meteorolóxicas e valorar a situación no aire antes de poñela en práctica. Calquera rescate debe ser ante todo seguro para eles e para os rescatados. Aseguran que ningún rescate é similar. Unha situación, aparentemente sinxela, pode complicarse en cuestión de segundos. Desta volta rescatan cinco membros dunha familia os que sorprende a preamar en Cabo Silleiro. O Pesca 1 con base en Vigo é un dos catro helicópteros de rescate en Galicia amais dun avión de coordinación.

VIDEO:

Fuente

Contenido relacionado